O club Neka Monforte fai historia no taekwondo galego

O club monfortino proclamouse Campión de España de técnica por equipos na modalidade infantil

•O presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz, suliñou este logro “insólito” no taekwondo da provincia de Lugo e en Galicia •A nivel individual, os de Neka acadaron cinco medallas no Campionato nacional, no que participaron máis de 1.500 deportistas •Alejandro Fernández Franjo proclamouse Campión de España benxamín por segundo ano consecutivo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O club Neka Monforte acaba de facer historia no taekwondo lucense e galego ao proclamarse Campión de España de técnica por equipos en modalidade infantil. Este logro, “insólito” ata o momento no panorama provincial e autonómico, según destacou o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz, logo de coñecerse este resultado, foi conseguido durante as probas nacionais que este ano se disputaron en Pontevedra do 5 ao 8 de decembro. En Neka decidiron apostar forte, cun plantel de 20 deportistas, que se prepararon arreo, fins de semana e festivos incluídos, durante os meses previos á gran cita nacional. A súa ilusión e traballo levounos ao máis alto nunha proba con máis de 1.500 deportistas e máis de cen clubes de toda España.

JOSÉ MARÍA VEGA, ADESTRADOR: “TODOS QUEDAMOS CAMPIÓNS”
Esta boa noticia descolocou todas as previsións do clube monfortino. “Totalmente sorprendido, non o esperaba”, suliña José María Vega, adestrador do Neka Monforte. “Certo que temos calidade, traballo e posibilidades, e sempre que vas a competir vas a gañar, pero isto foi impresionante”. Os monfortinos volveron coa copa máis grande da modalidade infantil, ademais das medallas de Alejandro Fernández Franjo, de novo campión de España, Carlos Fernández, bronce en alevín, e as platas de Christian Castro, Carlos Rey e José Roca en trío cadete. “Sobre todo, foi un logrode equipo”, suliña Vega, que está a traballar xa por saír a Europa. “Temos en mente levar aos chavales que por idade poidan entrar ao Open de París ou Londres”. Un novo paso no longo camiño de traballo e entusiasmo do club Neka Monforte, e que vén de moito atrás. “Quero adicarlle este triunfo a Juan Carlos Eiriz, que me ensinou todo o que sei de taekwondo e me fixo amar este deporte”, suliñou Vega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Consellería de Traballo financia a contratación dun axente de emprego en nove concellos do sur lucense

Seguinte Nova

Cita do alumnado lucense co cinema galego na película “A esmorga”, baseado na novela de Blanco Amor

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss