O Nadal, tempo de celebracións no sur de Lugo

As rúas do sur de Lugo están preparadas para celebrar o Nadal. EC
As rúas do sur de Lugo están preparadas para celebrar o Nadal. EC

• Como cada ano, o Nadal ven cheo de celebracións no sur lucense, e a ambientación navideña viste rúas e prazas para dar comezo ás actividades do Nadal. Estas son algunhas das propostas para disfrutar destes días tan sinalados.

O CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE MONFORTE SERÁ NO COLEXIO DA COMPAÑÍA
En Monforte, o sábado 20 terá lugar no Colexio da Compañía o Concerto de Corais de Nadal 2014, coa actuación, a partir das oito e media da tarde, do Orfeón Valdeorrés e a Coral Polifónica do Concello de Monforte. O día 23 no Edificio Multiusos representarase, dende as seis da tarde, a obra de teatro musical “Os tres porquiños”, a cargo de Educateatro Producións. O tradicional Concerto da familia Moriatov, organizado pola Sociedad Filarmónica de Monforte, será o día 26 ás oito da tarde na Casa da Cultura. O teatro infantil será o protagonista do día 29, co espectáculo “Teatro do Miolo en catro tempos”, ás seis da tarde na Casa da Cultura. Ademais, o día 30 a igrexa de San Vicente do Pino acollerá o concerto Ars Combinatoria, e xa en 2015, o día 2 de xaneiro desenvolverase o Festival de Maxia, co espectáculo “Momentos de Asombro”, a cargo de Martín Camiña, no Edificio Multiusos ás seis da tarde.
As celebracións de Reis comezarán o día 5 de xaneiro ás 17 horas coa chegada das SS.MM. Os Reis Magos de Oriente á estación de ferrocarril de Monforte, e a cabalgata partirá ás 18,00 horas da Praza da Estación ata o Concello. O día 6 de xaneiro os Reis Magos visitarán diversos centros sociais de Monforte.
Ademais, os Mercados de Monforte ofrecen este mes un amplo abano de suxerencias para disfrutar destas festividades. O Mercado do Agasallo permanecerá aberto ata o día 21, e a Gastronomía de Nadal será de novo a protagonista os días27 e 28 de decembro.

NADAL EN RIBAS DO SIL
Logo da inauguración do alumeado de Nadal en Ribas do Sil o día 19, comeza a programación destas festas cunha sesión de cine para toda a familia o día 20 ás 19 horas, no Salón de Actos do Concello. O cine voltará no mesmo horario os días 26 de decembro e 2 de xaneiro. Ademais, o día 21 ás 17 horas terá lugar a presentación da Guía do Camiño de Inverno, a cargo da autora, Aida Menéndez, no Salón de Actos do Concello. Papá Noel estará polas rúas de San Clodio o día 23 dende as once da mañá, e ás doce atenderá as peticións dos máis novos na Praza do Concello.
Haberá espazo para a saúde o día 27, cunha charla ás 19 horas no Salón de Actos sobre “Remedios naturais para as infeccións invernais”, a cargo de Nacho Baliña, técnico en Fitoterapia. O 28 ás sete da tarde actuará o Mago Carlos no Salón de Actos, e o 29 pola tarde haberá unha saída a Xuvenlugo, para a que será necesario inscribirse previamente no Concello de Ribas do Sil. O día 3 de xaneiro ás 20 horas celebrarase un concerto solidario da Escola de Música Municipal, e a entrada consistirá na achega de un quilo de alimentos non perecedoiros. O día 4 habéra teatro, a cargo do grupo Lameiro de Vigo, ás cinco da tarde no Salón de Actos. A cabalgata do día 5 pechará os actos do Nadal.

NADAL NA POBRA DO BROLLÓN
A ludoteca de Brollón funcionará do 22 de decembro ao 2 de xaneiro en horario de 10,30 a 13,00 horas, para nenos e nenas a partir de 3 anos, e cun prezo de 10 euros.Ademais das actividades culturais que se levan desenvolvendo este mes, os actos de Nadal inclúe o Baile de Fin de Ano a partir das doce e media da noite, con cotillón, servizo de bar e actuación musical. A cabalgata de Reis partirá o día 5 ás 17,30 dende o colexio e rematará na Casa da Cultura, cunha actuación da Escola de Música, agasallos para os participantes, entrega dos premios de poesía e postais de Nadal, e chocolate con pastas ao remate.
FESTIVAL BENÉFICO EN SOBER
Terá lugar o sábado 20 ás 18,30 horas, con entrega voluntaria dun quilo de comida. Ademais, ata o día 22 está aberto o prazo de inscrición no VI Concurso de Beléns, nas categorías infantil e adulto, na Casa da Cultura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CIG-Saúde denuncia a “descapitalización” do Hospital de Monforte

Seguinte Nova

Mencía Álvarez Díaz, de 2º de Primaria do CEIP A Gándara de Monforte, gañadora do I Concurso Postal do Nadal Dixital organizado pola Deputación

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: