Os Orzamentos de Sober priorizarán o gasto social e os investimentos

•Ascenden a máis de 1,8 millóns de euros •Destinaranse 150.000 euros á rexeneración de camiños • 100.000 euros irán para o obradoiro de emprego, obras de saneamento, melloras no alumeado e nos accesos a viñedos

O Pleno do Concello de Sober aprobou a finais de novembro os Orzamentos para 2015, que ascenden a 1,8 millóns de euros. Arquivo EC.
O Pleno do Concello de Sober aprobou a finais de novembro os Orzamentos para 2015, que ascenden a 1,8 millóns de euros. Arquivo EC.

• A finais de novembro, o Pleno do Concello de Sober aprobou os Orzamentos para 2015, que ascenden a máis de 1,8 millóns de euros. Según explicou o alcalde, Luis Fernández Guitián, os presupostos locais seguen a aumentar por terceiro ano consecutivo, xa que esta cifra supón un aumento de 74.304 euros respecto ao exercicio anterior, e de 376.997 euros máis respecto a 2013.

ORZAMENTOS “REALISTAS”
“Estes orzamentos son absolutamente realistas”, precisou Guitián, quen apuntou como medidas prioritarias o gasto social e os investimentos nas contas para o ano que vén. Ademais, o rexedor local suliñou que os orzamentos están “abertos, porque hai partidas que poden ampliarse” de existir a posibilidade de ingresos mediante axudas ou subvencións supramunicipais, xa que non se consignaron as que non estean seguras, nin tampouco ingresos ou gastos de persoal que poida ser subvencionado ao 100%.

MEDIO MILLÓN DE EUROS EN GASTO SOCIAL
A partida máis importante nas contas municipais de Sober para 2015 vai destinada ao gasto social, cun total de 500.000 euros para o mantemento da axuda a domicilio, o Punto de Atención á Infancia e a Escola Municipal de Música. Ademais, esta partida inclúe os servizos correspondentes ao Centro de Saúde, o CEIP Virxe do Carme, a Gardería, o Centro Sociocultural, e a Biblioteca Pública Municipal.
Por último, dentro desta categoría tamén se inclúen as axudas ao transporte universitario, ás que se destinan preto de 5.000 euros e que, según explicou Fernández Guitián, a maioría de Concellos a suprimiron, e a achega municipal ao servizo de Teleasistencia, á que se destinan 10.000 euros.

OS INVESTIMENTOS MANTÉÑENSE NAS CIFRAS DE 2014
Outro dos piares dos presupostos de Sober para 2015 é o dos investimentos, que manteñen a cifra de 388.702 euros, similar a do exercicio pasado. A partida máis destacada corresponde aos 150.000 euros do Plan Marco de Mellora de camiños rurais, que inclúe a rexeneración de camiños, cun total de 19 actuacións en todo o término municipal.
O Concello de Sober aportará 10.000 euros ao obradoiro de emprego que comparten cos concellos de O Saviñao e Pantón. Outra das achegas en investimentos serán os 30.000 euros destinados a obras de saneamento, xunto cos 10.000 euros para o mantemento do alumeado, os 25.000 euros para as melloras nos accesos a viñedos, e os 16.000 para mantemento de camiños municipais.
Como novidade, o Goberno local contempla para o vindeiro ano a adquisición de terreo e construción dunha área de autocaravanas, cunha achega municipal de 24.000 euros. O alcalde de Sober precisou que as inversións poderán verse incrementadas con posibles axudas doutras administracións.

GASTO CORRENTE E DE PERSOAL
Por outra banda, o capítulo de gasto corrente ascende a 665.810 euros, destinado a pagar a telefonía, a Unión Fenosa, Sogama, o mantemento do alumeado, o servizo de recollida de lixo e un contrato menor para actualizar o inventario de bens municipal.
O capítulo de persoal diminúe “moi considerable” respecto aos anos anteriores, explicou Guitián, quen apuntou que os recursos destinados a este capítulo sitúanse no 38,9% en 2015. “A pesar deste esforzo, váiselle recoñecer a antigüidade a todo o persoal laboral”, precisou o alcalde.

INGRESOS PREVISTOS
En canto aos ingresos, o capítulo de transferencias correntes do Estado e a Comunidade Autónoma ascende a 957.313 euros, unha cantidade inferior aos 1.005.432 euros do pasado ano debido, según precisou o alcalde, á existencia de posibles axudas ou convenios aínda non confirmados. Por outra banda, os impostos directos suporán uns ingresos de 452.000 euros, mentres que o recadados por taxas, prezos públicos e outros ingresos suma 345.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aposta pola creación e recuperación de soutos de castiñeiros no noso rural

Seguinte Nova

Máis de un millón de euros para obras e servizos na nosa provincia

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: