•A adega Finca Míllara presentou a terceira marca que lanzan ao mercado
• A mediados de decembro, a vinoteca do Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu a presentación do viño Beterna, a terceira marca que elabora a adega Finca Míllara, de Pantón, e da que está a lanzar 5.000 botellas. Según explicaron os responsables da adega, este novo tinto mencía con seis meses en barrica busca unha «nova expresión frutal» que distinga esta marca das que a adega xa ten no mercado.A cata comentada contou coa participación do enólogo Roberto Mosteiro, acompañado polo representante da adega Finca Míllara, José Alfonso Luna.•