Quiroga estrea a I Carreira Andaina Solidaria San Silvestre

•O 31 de decembro ás cinco da tarde celebrarase en Quiroga a I Carreira Andaina Solidaria San Silvestre, a favor do Banco de Alimentos de Lugo. A inscrición na proba promovida polo Concello de Quiroga en colaboración con Supermercados Covirán e Deportes Turini, será gratuíta, con entrega voluntaria de 2 quilos de alimentos non perecedeiros en favor do Banco de Alimentos de Lugo. A entrega farase na recollida de dorsais, o día 31 de 4 a 5 da tarde. As inscricións faranse na Casa da Cultura ou no Concello ou nos teléfonos 982 435 125 e 982 428 001.
A proba, de 3,5 quilómetros, terá como saída e chegada a rúa Real, diante do Concello. Todos os participantes recibirán unha «nariz solidaria» e sorpresas. Haberá premios para os 3 primeiros clasificados en categoría masculina e feminina, e o mellor disfraz. Poderán participar os maiores de 14 anos, e menores acompañados por adultos baixo a súa responsabilidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobada a dotación de mobiliario para o Auditorio de Chantada

Seguinte Nova

Arrincou en Augasantas a VII Liga de Parellas Costas Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: