Reclaman para Galicia un marco enerxético propio

•Os nacionalistas argumentan que “Galicia é excedentaria en enerxía”, e reivindican “unha tarifa eléctrica galega, que nos permita dispoñer da nosa produción eléctrica, como xa acontece por exemplo en Euskadi”

O voceiro nacionalista na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o portavoz socialista, Manuel Martínez, despois da aprobación da declaración institucional sobre Alcoa. GPDL.
O voceiro nacionalista na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o portavoz socialista, Manuel Martínez, despois da aprobación da declaración institucional sobre Alcoa. GPDL.

• A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou o día 5 unha declaración institucional coa que reivindica ao Goberno central e á Xunta de Galicia “solucións viables e a longo prazo que garantan a viabilidade da planta de Alcoa en San Cibrao, fixando para elo un prezo da enerxía que sexa, non só competitivo, senón tamén estable no tempo”.
Logo da aprobación desta declaración institucional, o vicepresidente primeiro da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, suliñou que “a nós o que máis nos preocupa son os cerca de 2.000 postos de traballo que xera en San Cibrao”. Veiga lembrou asimesmo que Galicia “é excedentaria en enerxía”, polo que “algo falla neste sistema cando unha das empresas máis grandes dun país que ten excedentes de produción de enerxía sofre este problema”, en relación á ameaza de peche das plantas de Alcoa en San Cibrao e A Coruña por mor do prezo da electricidade fixado polo sistema de poxa aplicado dende o Goberno central.

“DISPOÑER DA NOSA PRODUCIÓN ENERXÉTICA”
O mandatario nacionalista reivindicou “unha tarifa eléctrica galega, que nos permita dispoñer da nosa produción enerxética, como xa acontece noutros puntos do Estado como Euskadi”. Antonio Veiga criticou que “a enerxía está aquí, non hai que transportala, pero pagámola ao mesmo prezo que un que está a 1.000 quilómetros e que, ademais, non ten que soportar o impacto medioambiental que supón a súa produción”.
Antonio Veiga reclamou volver ao sistema antigo de pago por consumo eléctrico “mentres non se artelle outra opción mellor, xa que a implantación do sistema de poxa na adxudicación da ininterrumpibilidade cremos que non é válido”. Veiga explicou que estes sistema “produce unha competencia desleal entre as empresas e xera unha enorme incerteza á hora de que estas aposten por modernizar as súas factorías”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Animación e variedade no Mercadillo de Nadal de Sarria

Seguinte Nova

Aprobada a dotación de mobiliario para o Auditorio de Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: