«Peregrinación Falada» no 25º aniversario do seu pasamento
Sarria homenaxea a Elías Valiña co seu nomeamento como Fillo Predilecto da vila
•Lembranza do cura do Cebreiro, un dos maiores valedores do Camiño de Santiago, con actos polo trazado galego do Camiño Francés •Activa participación da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria
• A Asociación de Periodistas e Estudiosos do Camiño de Santiago (APECSA), en colaboración co colectivo Praxis de O Cebreiro, organizou a Peregrinación Falada dende O Cebreiro ata Compostela, para homenaxear a Elías Valiña Sampedro no 25º aniversario do seu pasamento. A Peregrinación Falada desenvolveuse os días 22 e 29 de novembro, e do 6 ao 13 de decembro, con diversas escalas na ruta xacobea, entre elas Sarria e Samos. O obxectivo desta iniciativa foi lembrar a gran aportación de Elías Valiña Sampedro, «o cura do Cebreiro», na recuperación do Camiño de Santiago nos anos previos ao Xacobeo do 1993. Según explicaron os responsables desta homenaxe, Elías Valiña está considerado como un dos máis importantes valedores do Camiño ao longo da segunda metada do século XX.
A Peregrinación Falada contou coa participación de membros de APECSA, estudiosos do Camiño, e os representantes das asociacións de amigos do Camiño de Galicia, entre eles Jorge López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria. Ademais, o día 29 a Peregrinación fixo parada en Samos e Sarria, onde tivo lugar unha recepción no Concello para o nomeamento de Elías Valiña como Fillo Predilecto desta vila xacobea.•