Sarria e Samos participaron na celebración do 25º aniversario do falecemento de Elías Valiña, gran impulsor do Camiño

«Peregrinación Falada» no 25º aniversario do seu pasamento

Sarria homenaxea a Elías Valiña co seu nomeamento como Fillo Predilecto da vila

•Lembranza do cura do Cebreiro, un dos maiores valedores do Camiño de Santiago, con actos polo trazado galego do Camiño Francés •Activa participación da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A Asociación de Periodistas e Estudiosos do Camiño de Santiago (APECSA), en colaboración co colectivo Praxis de O Cebreiro, organizou a Peregrinación Falada dende O Cebreiro ata Compostela, para homenaxear a Elías Valiña Sampedro no 25º aniversario do seu pasamento. A Peregrinación Falada desenvolveuse os días 22 e 29 de novembro, e do 6 ao 13 de decembro, con diversas escalas na ruta xacobea, entre elas Sarria e Samos. O obxectivo desta iniciativa foi lembrar a gran aportación de Elías Valiña Sampedro, «o cura do Cebreiro», na recuperación do Camiño de Santiago nos anos previos ao Xacobeo do 1993. Según explicaron os responsables desta homenaxe, Elías Valiña está considerado como un dos máis importantes valedores do Camiño ao longo da segunda metada do século XX.
A Peregrinación Falada contou coa participación de membros de APECSA, estudiosos do Camiño, e os representantes das asociacións de amigos do Camiño de Galicia, entre eles Jorge López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria. Ademais, o día 29 a Peregrinación fixo parada en Samos e Sarria, onde tivo lugar unha recepción no Concello para o nomeamento de Elías Valiña como Fillo Predilecto desta vila xacobea.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

EN MARCHA A CAMPAÑA DOS COMERCIANTES SARRIÁNS «ATOPA O DUENDE DE NADAL»

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal de O Saviñao fixo público o «clamor popular e descontento da veciñanza» pola suba do IBI en O Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: