Xosé Lois Maceda informou ao Valedor do Pobo da situación do Centro de Saúde de Brollón

• O alcalde de A Pobra do Brollón, o nacionalista Xosé Lois Maceda, reuniuse o venres 19 de decembro co Valedor do Pobo, para informar sobre a situación do Centro de Saúde deste municipio do sur de Lugo. O rexedor nacionalista informou a José Julio Fernández Rodríguez da solicitude do goberno municipal e da veciñanza de Brollón de que a Consellería de Sanidade cubra no Centro de Saúde da localidade a praza do facultativo que está de baixa dende agosto. Para reforzar esta petición, Xosé Lois Maceda entregou as 364 firmas dos veciños solicitando a substitución dese médico. Asemade, o grupo municipal do BNG presentou unha moción sobre esta situación para debater no pleno do 23 de decembro, na que pedirán o voto favorable de todos os grupos políticos representados na corporación para reclamarlle á Xunta de Galiza que contrate a un substituto a tempo completo.
Según explicou Maceda, “o malestar creado na veciñanza pola non substitución do médico de baixa vai en aumento, xa que se viron obrigados a pasar o verán cunha atención médica insuficiente e vense obrigados a continuar igual no inverno”. O alcalde recordou a situación “excepcional” de Brollón, cunha poboación moi dispersa e cun dos índices de avellentamento da poboación máis altos de todo o Estado”.
Desde o BNG resaltan que “tanto veciños como goberno local só demandan “unha atención sanitaria non discriminatoria e conforme a uns parámetros de calidade que todo galego debera recibir”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Polémica polos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA

Seguinte Nova

CIG-Saúde denuncia a “descapitalización” do Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss