A Asociación Veciñal de O Saviñao pide o arranxo da estrada entre Rubián e Taboada

A Asociación Veciñal de O Saviñao vén de enviar un escrito á Axencia Galega de Infraestruturas para solicitar o arranxo da estrada LU-611, de titularidade autonómica, entre Rubián e Taboada. Según o documento, este vial vertebra as comunicacións dunha amplia zona rural con poboación dos concellos de Bóveda, Paradela, O Saviñao e Taboada. Os veciños consideran que esta vía está pendente de «actualización dende fai máis de vinte anos», e denuncian un estado de conservación «moi deficiente, con erosión moi acusada da capa asfáltica superficial, que nalgúns tramos está prácticamente desaparecida».

GRAVE DETERIORO

Dende a Asociación Veciñal suliñan a importancia desta estrada que «comunica concellos de carácter netamente rural, con economías basadas na gandería e o leite, e facilita a comunicación entre pequenas pero múltiples localidades pertecentes ós catro concellos», ademais de ser un «atallo ou by-pass entre a N-540 e a LU-546».

Ademais, dende a Asociación transmitiron á autoridade as queixas recibidas polos veciños sobre o grave deterioro do tramo entre Rebordondiego e a cruz de Forcados, que ademais dá servizo a máis de sete núcleos poboacionais no concello de O Saviñao. Según a Asociación Veciñal, este tramo entre o quilómetro 11 e o 16,7 precisa «unha intervención inmediata».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 70 millóns de euros en actuacións de mellora de 1.000 quilómetros de estradas provinciais dende 2007

Seguinte Nova

Éxito do Concerto Solidario do alumnado da Escola de Música de Ribas do Sil

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: