A Deputación aprobou 11,3 millóns para o Plan Estratéxico de Subvencións 2015

Para as 3 prioridades suliñadas pola veciñanza nos Orzamentos Participativos: emprego, infraestruturas e políticas sociais

• A comezos deste ano, a Deputación de Lugo aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións para 2015, dotado con 11,3 millóns de euros. Este orzamento vai destinado fundamentalmente a emprego, infraestruturas e políticas sociais, as tres áreas consideradas prioritarias pola veciñanza durante o proceso de elaboración dos Orzamentos Participativos 2015. Ademais, o Plan entrará en vigor xa este mes de xaneiro, respondendo ás suxerencias das entidades veciñais e asociacións, que así poden ter dende primeiros de ano unha previsión dos fondos para planificar as súas actividades.

O Plan de Subvencións destina 4 millóns ao emprego. 3,6 millóns van dirixidos a potenciar os principais sectores: gandería, agricultura, agroecoloxía, pesca e artesanía, así como o empresarial. Para formación inclúense 293.000 euros en colaboracións con diversos masters e con grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela.

O Plan destina 3 millóns a infraestruturas de carácter municipal, como instalacións deportivas, culturais, patrimoniais, ou novos equipamentos para a promoción turística.

As políticas sociais contarán con 4 millóns de euros, e inclúen axudas a colectivos, servizos de dependencia e inserción de persoas en risco de exclusión.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito de convocatoria dos primeiros cursos do Pacto Provincial polo Emprego II

Seguinte Nova

NOVA CONVOCATORIA DOS PREMIOS ESCOLARES DA CAMPAÑA DE SOGAMA «SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR»

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: