A Xunta destinará este ano máis de 45 millóns de euros a programas de formación e emprego

Núñez Feijóo suliñou que estas medidas beneficiarán a máis de 100.000 persoas

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, logo do Consello no que se aprobou esta medida, o pasado 8 de xaneiro. GPXG.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, logo do Consello no que se aprobou esta medida, o pasado 8 de xaneiro. GPXG.

• A comezos de xaneiro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a aprobación dun investimento de 45,4 millóns en cinco programas de formación e emprego, que beneficiará a 100.000 persoas. Según explicou o titular autonómico, con estas medidas o Goberno galego vai «redobrar os esforzos para que cada vez máis persoas poidan acceder a un emprego en Galicia».

FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS

Núñez Feijóo explicou que o primeiro dos cinco programas vai destinado á formación de desempregados. O presidente da Xunta suliñou que, segundo se ten detectado, máis do 60% dos parados de Galicia amosan graves deficiencias de formación, o que os dificulta, por riba doutras circunstancias, á consecución dun emprego. Feijóo xustificou a necesidade de que o Goberno galego invista para este fin 23,5 millóns de euros, cos que se van desenvolver 700 accións formativas que beneficiarán a preto de 10.000 persoas.

PROGRAMAS DE EMPREGABILIDADE EN COLABORACIÓN COAS ENTIDADES LOCAIS

A segunda liña de axudas que vai poñer en marcha a Xunta irá destinada ao programa de emprego e formación para a mellora da empregabilidade en colaboración con entidades locais. Según sinalou o presidente da Xunta, levaranse a cabo 50 proxectos, cun orzamento de máis de 10 millóns de euros e centrados na realización de obras ou servizos de interese xeral e social, que procuren a cualificación profesional e beneficien preto de 1.100 persoas.

Asimesmo, o titular da Xunta precisou que sempre que sexa posible, un 20% dos participantes nestes programa serán beneficiarios da RISGA.

PROGRAMAS INTEGRADOS DE INTERMEDIACIÓN LABORAL

Os beneficiarios da Renda de Integración Social terán tamén un tratamento favorable nos programas integrados para o emprego. Segundo detallou Núñez Feijóo, esta liña contará cun orzamento de 5,7 millóns de euros e beneficiarán a 2.000 persoas a través de programas integrados de intermediación laboral.

MÁIS LIÑAS DE ACTUACIÓN

En cuarto lugar, o presidente destacou o programa de fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, aos que a Xunta destinará un orzamento de 1,3 millóns de euros, beneficiando a 180 persoas.

Por último, Núñez Feijóo indicou que a Xunta impulsará tamén un programa de información laboral, orientación e prospección de emprego, que contará cun orzamento de 4,6 millóns de euros e beneficiará a 85.000 demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.

EN VIGOR DENDE ESTE MES

O presidente da Xunta precisou que estas ordes se están a publicar no Diario Oficial de Galicia dende comezos de xaneiro. «Por tanto, nos quince primeiros días de xaneiro xa tivemos máis do 40% do total de fondos adicados a emprego a disposición de empresas e a disposición do mercado laboral», precisou Núñez Feijóo.

MÁIS PROGRAMAS DE EMPREGO ESPECÍFICOS PARA A MOCIDADE E PARADOS DE LONGA DURACIÓN

O mandatario autonómico suliñou asimesmo que «non serán as últimas medidas, xa que a Xunta traballa en dous programas específicos dirixidos a menores de 25 anos e a parados de longa duración», que serán aprobados este mes de xaneiro e que teñen como obxectivo favorecer a inserción laboral destes colectivos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha axudas para a promoción de viños fóra de Europa e para reconversión de viñedos

Seguinte Nova

DOTACIÓN DE 360 TONELADAS DE SAL PARA OS 12 SILOS DA REDE DE ESTRADAS PROVINCIAIS

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: