ALUMNADO DE 2º ESO DO IES A PINGUELA PARTICIPARÁ EN LANZAROTE, CANTABRIA E MURCIA NUN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE BIODIVERSIDADE MEDIOAMBIENTAL

Os coordinadores do proxecto conxunto entre os catro IES. (Foto cedida).
Os coordinadores do proxecto conxunto entre os catro IES. (Foto cedida).

O Ministerio de Educación vén de resolver as axudas do Plan Promece, para o deseño e aplicación de proxectos de mellora do aprendizaxe do alumnado por agrupacións de centros escolares. Entre os proxectos aprobados está o presentado polo IES A Pinguela de Monforte, o IES Ribera de los Molinos de Mula (Murcia), IES Ría San Martín de Suances (Cantabria) e IES Las Salinas de Arrecife de Lanzarote (Canarias).

Este proxecto, denominado «Diversidade medioambiental, un proceso de aprendizaxe», está destinado ao alumnado de 2º ESO dos catro institutos, e conta cunha financiación de 38.400 euros. Logo dunha reunión de traballo dos representantes dos catro centros, o proxecto inclúe catro xuntanzas conxuntas do alumnado en Lanzarote, Galicia, Cantabria e Murcia ao longo deste ano. A cita nas Canarias será do 18 ao 25 de xaneiro. Con esta experiencia educativa fóra das aulas, o alumnado poderá coñecer de cerca a biodiversidade medioambiental doutras comunidades, dentro dun proxecto de aprendizaxe innovador. (Foto cedida)

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga estreou con éxito a San Silvestre solidaria

Seguinte Nova

ACES-SARRIA ENTREGOU OS VALES DE COMPRA AOS AFORTUNADOS DA CAMPAÑA “ATOPA O DUENDE DE NADAL”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss