ATA O 29 DE XANEIRO PARA INSCRIBIRSE NAS DÚAS VIAXES DE LUGO PATRIMONIO A PORTUGAL E ITALIA

A Asociación cultural LugoPatrimonio organiza para os vindeiros meses dúas viaxes a Portugal e Italia. O primeiro destino será a comarca lusa de Bragança, os días 15, 16 e 17 de febreiro, con motivo dos Entroidos de Podence e Santulhao, famosos pola súa pureza e participación popular. Ademais, visitarase a cidade fortificada de Bargança. Por outra banda, en Semana Santa está prevista unha viaxe deste colectivo a Sicilia, que consistirá nunha viaxe completa pola totalidade do territorio desta isla, entre os días 27 de marzo e 6 de abril. Os visitantes poderán achegarse á arqueoloxía da Magna Grecia e o impresionante barroquismo de moitas cidades como Palermo, Selinunte, Agrigento, Ragusa, Siracusa ou Catania. As viaxes están abertas á participación de socios e non socios de LugoPatrimonio. As inscricións poderán realizarse no teléfono 676 800 227 ata o 27 de xaneiro.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

ACES-SARRIA ENTREGOU OS VALES DE COMPRA AOS AFORTUNADOS DA CAMPAÑA “ATOPA O DUENDE DE NADAL”

Seguinte Nova

Iván Merayo expón no Museo Provincial de Lugo a súa mostra fotográfica «Por que tapan a dor con flores?»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss