Convocado o concurso para o cartel da XXXV Feira de Amandi

O deseño elixido recibirá un premio en metálico de 600 euros

A Feira de Amandi é un dos eventos enolóxicos máis importantes de Galicia. Arquivo EC.
A Feira de Amandi é un dos eventos enolóxicos máis importantes de Galicia. Arquivo EC.

• Xa están en marcha os preparativos para a celebración, os vindeiros 28 e 29 de marzo, da XXXV Feira de Amandi. Con este motivo, o Concello de Sober vén de convocar un concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador deste importante evento enolóxico, un dos máis senlleiros de Galicia. O traballo que resulte gañador recibirá un premio en metálico de 600 euros. As bases do concurso están publicadas na web municipal www.concellodesober.com, e o plazo para presentar os deseños a concurso remata o 10 de febreiro.

Según explicaron dende o Concello, os deseños deben presentarse en formato A3, e en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Serán de temática libre, e só se admitirá un cartel por autor. Por suposto, os traballos deberán reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi, con especial referencia ao sector vitivinícola e ao patrimonio e cultura da localidade. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XXXV Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man. Os restantes carteis presentados poderán ser expostos se o Concello así o considera.

Os traballos entregaranse no Concello de Sober en horario de 10 a 14 horas, de luns a venres.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 5 millóns de euros de financiamento en 2015 para o Consorcio de Bombeiros de Lugo

Seguinte Nova

Quiroga entrou a formar parte da xeografía de Os Bolechas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss