En marcha axudas para a promoción de viños fóra de Europa e para reconversión de viñedos

O viño é un motor fundamental na economía da Ribeira Sacra.  Arquivo EC.
O viño é un motor fundamental na economía da Ribeira Sacra. Arquivo EC.

•A Xunta de Galicia aprobou esta quincena diversas liñas de axuda destinadas ao sector vitivinícola. O Diario Oficial de Galicia do 10 de xaneiro publicou as bases das axudas para a promoción do sector vitivinícola en mercados fóra da Unión Europea. A dotación total das subvencións é de 3.598.937 euros para o bienio 2015-2016. Poderán solicitar estas axudas empresas vinícolas, organizacións de produtores e as súas agrupacións, órganos de xestión das Denominacións de Orixe e das Indicacións Xeográficas Protexidas de viño, e asociacións de exportadores e consorcios de exportación do sector.

Tamén se poderán beneficiar as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que se adiquen á promoción exterior dos viños. Tamén poderán optar as cooperativas de segundo ou ulterior grao que comercializan viños elaborados polas súas adegas cooperativas asociadas. O prazo de solicitude remata o 10 de febreiro.

Por outra banda, a finais de decembro resolveuse a liña de axudas para reestruturación e reconversión de viñedos da convocatoria de 2014. Un total de 199 viticultores galegos beneficiaranse de axudas por un importe global de 769.928,28 euros. A provincia de Lugo é a terceira en canto a número de achegas concedidas, cun total de 32 beneficiarios e 168.385,36 euros. As tarefas para as que se destinan as axudas serán, entre outras, o arrinque e nova plantación de viñas, colocación de sistemas de condución das plantas, ou a construción de socalcos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha os preparativos da Feira do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

A Xunta destinará este ano máis de 45 millóns de euros a programas de formación e emprego

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss