En marcha os preparativos da Feira do Viño de Quiroga

Ata o 23 de xaneiro está aberta a inscrición para os adegueiros A Feira do Viño de Quiroga celebrarase os días 4 e 5 de abril

A XXXIII Feira do Viño de Quiroga terá lugar este ano os días 4 e 5 de abril. Arquivo EC.
A XXXIII Feira do Viño de Quiroga terá lugar este ano os días 4 e 5 de abril.
Arquivo EC.

• Quiroga xa está a preparar a vindeira edición da Feira do Viño, que este ano terá lugar os días 4 e 5 de abril na parte de arriba da rúa Real. A inscrición para os adegueiros xa está aberta, e deberá formalizarse antes do día 23 de xaneiro. Os participantes deberán garantir un mínimo de 200 botellas de viño branco e 250 de tinto para presentar na Feira, e provisionar outras tantas como mínimo en adega. A graduación mínima para os brancos está fixada en 12º, e en 11,5º para tintos. Os baremos de acidez serán de 0,5 gramos para viños brancos, e 0,6 gramos para tintos. Logo de formalizadas as inscricións, a organización procederá á recollida de mostras para a súa análise.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga entrou a formar parte da xeografía de Os Bolechas

Seguinte Nova

En marcha axudas para a promoción de viños fóra de Europa e para reconversión de viñedos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: