
A iniciativa cidadá Espertamonforte! vén de comunicar o inicio do seu proceso organizativo para elaborar un programa electoral e unha candidatura para concurrir ás eleccións municipais. Este novo paso é froito da decisión tomada na asamblea celebrada o pasado 13 de decembro en Monforte, onde os asistentes que encheron o Salón de Actos da Casa da Cultura votaron a favor de deseñar unha opción política para presentarse aos comicios locais do vindeiro mes de maio.
ORGANIZACIÓN
Deste xeito, Espertamonforte! acaba de constituír un organigrama integrado pola Asamblea como máximo órgano de decisión, un Grupo aberto de organización que estará encargado da coordinación entre asambleas e formado polos tres Grupos de traballo establecidos, que se ocuparán respectivamente da organización, a comunicación e os procesos. Neste último Grupo de traballo, establecéronse tres unidades de acción, para ocuparse do código ético da organización, a programación electoral e as liñas básicas para a elaboración da candidatura.
Según explicaron os voceiros desta iniciativa, todas as persoas vinculadas en Espertamonforte! están a traballar «sen interrupción, con varias reunións semanais, para presentar á vindeira asamblea unha proposta de estrutura organizativa» que permita dar os últimos pasos para a preparación dun programa e dunha candidatura «abertos, democráticos e participativos».•