Iván Merayo expón no Museo Provincial de Lugo a súa mostra fotográfica «Por que tapan a dor con flores?»

O fotógrafo monfortino Iván Merayo, durante a inauguración da súa exposición en Lugo, acompañado polo delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, e a directora da Rede Museística Provincial, Encarna Lago. GPVDL.
O fotógrafo monfortino Iván Merayo, durante a inauguración da súa exposición en Lugo, acompañado polo delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, e a directora da Rede Museística Provincial, Encarna Lago. GPVDL.

Ata o 31 de xaneiro pode verse no Museo Provincial de Lugo a exposición «Por que tapan a dor con flores?», do fotógrafo monfortino Iván Merayo. Durante a inauguración da mostra, celebrada o pasado 13 de xaneiro, Merayo precisou que as quince fotografías a integran supoñen unha reflexión «sobre as preguntas que día a día se fai a humanidade, sobre o destino e o máis aló». Ademais, as fotografías apuntan tamén cara «as frustracións dos fracasos que nos acompaña, unha anguria latente e reincidente», para concluír que «a tristura perdura sobre o efémero».

A entrada á exposición é gratuíta, e poderá ser visitada de luns a venres de 9,00 a 21,00 horas. Os sábados abrirá de 10,30 a 14 horas, e de 16,30 ás 20,00 horas. Ademais, o Museo abre os domingos e festivos de 11 a 14 horas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

ATA O 29 DE XANEIRO PARA INSCRIBIRSE NAS DÚAS VIAXES DE LUGO PATRIMONIO A PORTUGAL E ITALIA

Seguinte Nova

A Unidade de Saúde Mental da área sur trasládase á zona de consultas externas do Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio