As probas celebraranse ata o mediodía no salón de actos do Centro do Viño
• O Club de Xadrez Xadrezforte e o Concello de Monforte organizan o domingo 25 de xaneiro o I Campionato de Xadrez por Idades. Esta proba desenvolverase no salón de actos do Centro do Viño dende as dez da mañá ata as dúas da tarde.
CINCO CATEGORÍAS PARA COMPETIR POR IDADES
Según explicaron os responsables desta iniciativa, o campionato está dirixido a persoas de todas as idades. A proba establece cinco categorías: sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, e absoluta. Según as bases da competición, cada xogador disputará un mínimo de 6 roldas de 10 minutos cada unha.
INSCRICIÓN GRATUÍTA
A inscrición no I Campionato de Xadrez por Idades é gratuíta. Dende a Concellería de Deportes de Monforte e o Clube Xadrez forte animan a toda a cidadanía a participar nesta edición inicial do Campionato. Os interesados en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 698 151 558.