A campaña «Separemos ben, reciclaremos mellor»2014-2015, convocou os seus premios escolares, para centros galegos de Primaria e Secundaria. O obxectivo da iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, en colaboración con Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas Ecopilas, Ecolec e ERP, busca incentivar a participación da comunidade educativa nas boas prácticas ambientais do principio dos tres erres: redución, reutilización e reciclaxe. O alumnado realizará unha obra de arte con materiais de refugallo, aplicando imaxinación e innovación, e cada colexio elixirá unha obra para presentarse ao concurso, no que haberá dous premios. Un premiará ao centro do alumno gañador, cun vale de 700 euros para material didáctico e escolar, e outro destinado ao estudante ou grupo de estudantes gañadores, que consistirá nun e-book ou equipo similar. •
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
Acábanse de publicar no DOGA tres decretos da Consellería do Medio Rural polos que se declaran
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar os acordos cos que mobiliza
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta seman o novo centro residencial
O concello de Pantón aprobou na última sesión plenaria o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño Sil
• As persoas interesadas poden anotarse a través do formulario que se atopa na web http://inscricions.deputacionlugo.org