NOVA CONVOCATORIA DOS PREMIOS ESCOLARES DA CAMPAÑA DE SOGAMA «SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR»

A campaña «Separemos ben, reciclaremos mellor»2014-2015, convocou os seus premios escolares, para centros galegos de Primaria e Secundaria. O obxectivo da iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, en colaboración con Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas Ecopilas, Ecolec e ERP, busca incentivar a participación da comunidade educativa nas boas prácticas ambientais do principio dos tres erres: redución, reutilización e reciclaxe. O alumnado realizará unha obra de arte con materiais de refugallo, aplicando imaxinación e innovación, e cada colexio elixirá unha obra para presentarse ao concurso, no que haberá dous premios. Un premiará ao centro do alumno gañador, cun vale de 700 euros para material didáctico e escolar, e outro destinado ao estudante ou grupo de estudantes gañadores, que consistirá nun e-book ou equipo similar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación aprobou 11,3 millóns para o Plan Estratéxico de Subvencións 2015

Seguinte Nova

O Círculo Saviñao despediu o ano cunha intensa actividade

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: