O alcalde de A Pobra do Brollón denuncia que a Xunta “pratica unha política para cerrar o rural”

Reivindican o mantemento dos servizos sanitarios no rural

O rexedor nacionalista criticou que no Centro de Saúde de A Pobra do Brollón hai esperas de oito días para unha consulta ordinaria Xosé Lois Maceda rexistrou un escrito ante o Valedor do Pobo polo recorte no número de médicos que está a aplicar a Consellería neste municipio

O alcalde de Brollón, Xosé Lois Maceda, na rolda de prensa posterior á entrega do escrito de queixa nas oficinas do Valedor do Pobo en Santiago, acompañado pola responsable de Política Local do BNG, Goretti Sanmartín, o deputado do BNG por Lugo, Cosme Pombo, e o tenente de alcalde de A Pobra do Brollón, Ricardo Rodicio. (Foto cedida).
O alcalde de Brollón, Xosé Lois Maceda, na rolda de prensa posterior á entrega do escrito de queixa nas oficinas do Valedor do Pobo en Santiago, acompañado pola responsable de Política Local do BNG, Goretti Sanmartín, o deputado do BNG por Lugo, Cosme Pombo, e o tenente de alcalde de A Pobra do Brollón, Ricardo Rodicio. (Foto cedida).

A situación dos servizos sanitarios no rural lucense segue a estar de actualidade, con especial protagonismo nos pequenos concellos. En A Pobra do Brollón seguen a esixir á Consellería de Sanidade a reposición dun dos dous médicos que prestan servizo no Centro de Saúde da capitalidade municipal. Según denunciou o alcalde nacionalista Xosé Lois Maceda, esta poboación de 1.800 persoas está a ser atendida dende o mes de agosto por un único médico titular e outro que acude só os martes, dado que Sanidade non cubriu a baixa médica do outro facultativo. Esta situación provocou a reacción cidadá nunha concentración diante do Centro de Saúde a finais de novembro, para esixir o mantemento da atención sanitaria neste municipio, que ademais conta cunha alta taxa de envellecemento. Asimesmo, o alcalde presentou no mes de decembro un escrito na oficina do Valedor de Pobo para darlle a coñecer esta situación, e solicitar a súa mediación ante a Consellería.

Esta situación agravouse a mediados de xaneiro, cando a médico que viña a consultar un día á semana tomou vacacións, e o Sergas non enviou a ningún facultativo a sustituíla. O alcalde de Brollón denunciou que «o Sergas deixou aos preto de 2.000 veciños de Brollón cun só médico nos días con maior pico de gripe na sanidade galega».

MACEDA: «EN BROLLÓN HAI UN MÉDICO E TRES VETERINARIOS, POLO QUE ESTÁN MELLOR ATENDIDOS OS ANIMAIS QUE AS PERSOAS»

Posteriormente, o rexedor nacionalista compareceu en rolda de prensa na sede do BNG de Compostela, onde denunciou que «actualmente en Brollón hai un médico e tres veterinarios, o que evidencia que están mellor atendidos os animais que as persoas». Maceda explicou que o problema de atención sanitaria en Brollón foi comunicada á Consellería de Sanidade, que confirmou o cumprimento da ratio de tarxetas «pero sen compromiso algún para cubrir a baixa do médico».

DENDE O BNG PIDEN Á XUNTA «RESPECTO PARA O RURAL GALEGO E PARA AS PERSOAS QUE VIVEN NEL»

Para o alcalde de Brollón resulta «urxente» contar con dous médicos, polo que reiterou a «necesidade de cubrir a baixa do facultativo porque en moitas ocasións durante unha urxencia o centro de saúde permanece unha hora ou hora e media sen atención». Ademais, Maceda engadiu que os veciños teñen que esperar oito días para unha cita médica ordinaria.

O rexedor tamén preguntou «onde está a política de reequilibrio territorial que defende a Xunta de Galicia, cando en realidade practica unha política para cerrar o rural». «Nós, non imos a marchar, e chegaremos a onde faga falta para manter os servizos», suliñou Maceda.

Ademais, o deputado nacionalista por Lugo, Cosme Pombo, que acompañou aos membros do Goberno local de Brollón na rolda de prensa, pediu á Xunta «respecto para o rural galego e para as persoas que viven nel». «Dende o BNG entendemos que un concello como Brollón, rural, con poboación envellecida e cun hospital en Lemos que cae a cachos, non pode recortar tamén a Atención Primaria, precisou.•

O Goberno provincial pide a dimisión da conselleira de Sanidade «por privar aos lucenses de servizos sanitarios»

Esixen a posta en marcha dos servizos de Radioterapia, Hemodinámica as 24 horas e Medicina Nuclear no HULA

O Pleno da Deputación do 30 de decembro aprobou a moción impulsada por Gómez Besteiro en defensa de Radioterapia, Hemodinámica as 24 horas e Medicina Nuclear no HULA. A aprobación foi posible polos votos a favor de PSOE e BNG, e o PP votou en contra. Máis de 100 veciños da provincia asistiron á sesión para amosar o apoio aos acordos da moción. Según o texto aprobado, o Goberno provincial esixe a «inmediata dimisión de Rocío Mosquera pola súa nefasta xestión á fronte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que institucionalizou a discriminación cara os lucenses, privándoos das mínimas garantías de acceso aos servizos sanitarios». Ademais, manifesta o seu rexeitamento «ás prácticas políticas do PP na Xunta, que deformaron o concepto de soberanía popular mediante a Iniciativa Lexislativa, recollido no artigo 87 da Constitución».

 

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Actuacións en infraestruturas en Chantada, Sarria e O Incio con financiamento provincial

Seguinte Nova

O Concello de Sober convoca un concurso de debuxo infantil para escolares da comarca de Lemos

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss