A emblemática asociación cultural-recreativa de Escairón cumple o seu 56º aniversario
O Círculo Saviñao acaba de cumplir 56 anos de existencia, e vén de amosar a súa excelente saúde como dinamizador local. O tradicional Baile de Fin de Ano segue a mover a un bo número de veciños e socios, que esta Noitevella recibiron ao 2015 co ritmo de Nuncy Valcárce e, a continuación, co grupo Gin Toni’s, na tradicional cita de Andrés Montes, Ángel Amaro, Toni Fernández, Celso Insuela e Manolo Carrera co Círculo Saviñao.
Nas datas previas ao remate do ano, dende esta asociación cultural-recreativa celebraron o seu aniversario cun concerto, o día 26, a cargo do grupo Clave de Fado, que entusiasmou ao numeroso público asistente. Tamén en decembro foi inaugurada a exposición fotográfica «Lo que nuestras cámaras ven», do monfortino Javier L.Jordán.•