Primeiros pasos para a disolución do Consorcio de Turismo e a creación dunha Mancomunidade de Municipios

Xestión institucional dos recursos turísticos na Ribeira Sacra

O último Pleno do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, celebrado en Chantada o 22 de decembro, aprobou iniciar o expediente para a disolución do Consorcio e a creación dunha Mancomunidade. Según explicaron os responsables desta entidade, o cambio na forma xurídica vén motivado pola entrada en vigor da Lei 27/2013 de 27 de decembro de racionalización e sosteñibilidade da Administración Local. Coa nova situación, a xestión turística de Ribeira Sacra manterá a súa autonomía como organismo participado polos 21 Concellos integrantes do Consorcio. Asimesmo, no que se refire á participación do Consello Regulador e da Asociación Ribeira Sacra Rural, e que ata este momento foron membros activos do Consorcio, os responsables deste organismo están a estudiar a forma de participación máis axeitada dentro da futura Mancomunidade.

MÁIS SOPORTES DE INFORMACIÓN SOBRE A RIBEIRA SACRA

Ademais da aprobación das contas das últimas anualidades, o Pleno do Consorcio de Turismo aprobou a compra dunha furgoneta para a distribución do material promocional que cada vez está a ser máis demandado. Por outra banda, tamén se aprobou a compra de estruturas para a montaxe de stands da entidade en eventos promocionais.

Por último, deuse a coñecer a nova app de información xeral da Ribeira Sacra en seis idiomas, e de 42 audioguías en tres idiomas, dispoñibles de balde na web do Consorcio. Con estes novos produtos, a Ribeira Sacra convírtese no destino de Galicia con maior número de soportes de información turística.

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Tor, o segundo museo da Rede Provincial que máis medrou en visitas

Seguinte Nova

SUPLUSA xestionará tamén en 2015 os catamaráns de titularidade provincial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss