Quiroga entrou a formar parte da xeografía de Os Bolechas

Presentouse o libro «Os Bolechas van a Quiroga», dentro da popular colección infantil protagonizada polos irmáns Bolechas

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Quiroga xa forma parte do mundo visual e literario de Os Bolechas, unha das máis coñecidas coleccións de literatura infantil escrita en Galego.

O CONCELLO AGASALLOU AOS ALUMNOS DO CEIP DE QUIROGA CUN EXEMPLAR DO LIBRO

O mes pasado publicouse o libro «Os Bolechas van a Quiroga», que foi presentado o día 19 na Casa da Cultura da capital comarcal, nun acto que contou coa presencia do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, as concelleiras de Educación e Cultura, e o alumnado do CEIP de Quiroga. Todos os alumnos e alumnas asistentes foron agasallados cun exemplar deste libro.

UNHA AVENTURA DOS IRMÁNS BOLECHAS AMBIENTADA NO PATRIMONIO HISTÓRICO E NATURAL DE QUIROGA

O obxectivo desta obra é dar a coñecer aos máis novos e ás súas familias, dun xeito lúdico, a riqueza patrimonial, histórica e natural que alberga o municipio de Quiroga.

Con este fin, o libro narra unha aventura dos irmáns Bolechas que discurre por diversos enclaves de interés fundamental en Quiroga, como Castelo dos Novaes, as igrexas da Ermida e do Hospital, as fervenzas de Vieiros, Montefurado, a Mina romana de Margaride, a Lagoa de Lucenza ou a alvariza das Barxas, entre outros.

PROMOCIÓN TURÍSTICA DE QUIROGA NAS FAMILIAS DOS PEQUENOS LECTORES

Dende o Concello suliñaron a importancia desta publicación como un xeito de promocionar os atractivos do municipio quirogués que, a través dos nenos e nenas, chegará ao público familiar, fomentando o turismo nesta zona.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convocado o concurso para o cartel da XXXV Feira de Amandi

Seguinte Nova

En marcha os preparativos da Feira do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: