Quiroga estreou con éxito a San Silvestre solidaria

Os 150 participantes na carreira-andaina aportaron 500 quilos de alimentos non perecedeiros Ambiente festivo durante a proba, con agasallo dunha nariz vermella para os corredores

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Quiroga elixiu a solidaridade e a confraternidade para despedir o ano. A estrea da carreira-andaina San Silvestre non puido ser máis satisfactoria, según destacou o concelleiro de Deportes, José Enríquez. «Non contábamos con ter tanta acollida na primeira edición». A resposta dos 150 participantes de todas as idades sorprendeu aos organizadores, nunha xornada festiva e veciñal na que se recolleron 500 quilos de alimentos non perecedeiros con destino ao Banco de Alimentos de Lugo. Esta proba non competitiva ofreceu a veciños e visitantes unha xornada divertida e familiar, na que non faltaron os sorrisos. A proba trascurriu baixo o lema «Corre por narices», e para iso todos os participantes foron agasallados cunha nariz de paiaso, coa que tomaron a saída da carreira. «De seguro que repetiremos o vindeiro ano», suliñou Enríquez.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arrinca en febreiro a Escola Infantil de Golf en Augas Santas

Seguinte Nova

ALUMNADO DE 2º ESO DO IES A PINGUELA PARTICIPARÁ EN LANZAROTE, CANTABRIA E MURCIA NUN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE BIODIVERSIDADE MEDIOAMBIENTAL

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss