Reclaman á Xunta que «cumpla o acordo» para recoñecer o Camiño de Inverno

O deputado socialista Vicente Docasar criticou a «falla de seriedade» da Consellería por «ignorar este importante elemento dinamizador para 15 concellos»

• O Camiño de Inverno volveu á actualidade parlamentaria na sesión da Comisión de Cultura celebrada en Santiago o pasado 26 de decembro. O parlamentario socialista Vicente Docasar reclamou á Consellería que dera cumplimento ao acordo aprobado no Parlamento de Galicia en febreiro de 2013, para que o Goberno recoñeza e sinalice o Camiño de Inverno. Docasar criticou que esta proposta «fose ignorada polo Goberno galego logo de ser aprobada en tres ocasións polo Parlamento».

PENDENTE DE APROBACIÓN DENDE O ACORDO PLENARIO DE FEBREIRO DE 2013

Docasar lamentou que na resposta ofrecida durante a celebración da Comisión de Cultura polo secretario xeral deste departamento «se evitara incluír de novo ningún tipo de prazo para o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno, malia que o acordo aprobado a comezos de 2013 falaba de seis meses».

Con esta situación, o deputado socialista criticou a «falla de seriedade demostrada polos responsables da Consellería, que está a ignorar un importante elemento dinamizador dos sectores turístico e cultural dun total de 15 concellos galegos».

O CAMIÑO DE INVERNO, UNHA OPORTUNIDADE ECONÓMICA PARA O INTERIOR DE GALICIA

Vicente Docasar abogou pola importancia de recoñecer oficialmente ao Camiño de Inverno, «xa que pode servir como importante revulsivo económico para os concellos polos que pasa a ruta xacobea». O parlamentario socialista referiuse aos municipios de Quiroga, Ribas do Sil, A Pobra do Brollón, Bóveda, Monforte, Pantón, Sober, O Saviñao e Chantada, así como aos concellos de O Barco, Vilamartín, Petín e A Rúa, na comarca de Valdeorras, e os de Rodeiro e Lalín na comarca do Deza. «Resulta vital o impulso de elementos dinamizadores nesta zona, deprimida economicamente e con poucas posibilidades de desenvolvemento», precisou Docasar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Círculo Saviñao despediu o ano cunha intensa actividade

Seguinte Nova

Máis de 5 millóns de euros de financiamento en 2015 para o Consorcio de Bombeiros de Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: