SUPLUSA xestionará tamén en 2015 os catamaráns de titularidade provincial

Infraestruturas e recursos turísticos no entorno fluvial

O orzamento total será de 479.010 euros Mantéñense as tres rutas de Belesar, Doade-Santa Cristina e Os Robles

A finais do mes de decembro, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, anunciou que SUPLUSA continuará a xestionar en 2015 as rutas fluviais e embarcadoiros de titularidade provincial, que inclúen Belesar, Doade-Santa Cristina, e Os Robles. A Xunta de Goberno da Deputación celebrada o 26 do mes pasado acordou encomendar á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (SUPLUSA) a xestión dos embarcadoiros e embarcacións das rutas fluviais que o organismo provincial leva a cabo nos encoros da provincia e o seu ámbito, con especial atención á protección do medio. Según precisou Mario Outeiro, o orzamento total para esta partida en 2015 ascende a 479.010 euros.

HORARIOS E SAÍDAS POR TEMPADA NAS TRES RUTAS FLUVIAIS

O responsable provincial da Área de Turismo explicou que en 2015 as rutas de Belesar e Doade-Santa Cristina funcionarán todos os días durante a tempada de verán e en Semana Santa. Outeiro lembrou que na tempada de verán haberá tres saídas diarias nestas dúas rutas, ás once e media, ás cinco e ás sete, e no inverno as embarcacións estarán operativas os sábados, domingos e festivos con dúas saídas ás once e media e ás catro. A maiores, explicou o responsable provincial de Turismo, a ruta Doade-Santa Cristina funcionará en inverno tamén os mércores, xoves e venres, no mesmo horario que nas fins de semana. Por último, Outeiro lembrou que a ruta de Os Robles só estará operativa durante o verán, «e sempre que o caudal do Miño o permita», con catro saídas diarias ás once e media, e doce e media pola mañá, e ás cinco, ás seis e ás sete pola tarde. En canto á duración das rutas, o itinerario de Belesar prolóngase durante hora e media, o de Doade-Santa Cristina é de dúas horas, e a ruta de Os Robles é de 40 minutos

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Primeiros pasos para a disolución do Consorcio de Turismo e a creación dunha Mancomunidade de Municipios

Seguinte Nova

Arrinca en febreiro a Escola Infantil de Golf en Augas Santas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss