A Confraría do Viño de Quiroga organiza un curso de poda en febreiro

• A Confraría do Viño de Quiroga organiza un curso de viticultura e prática da poda. A actividade desenvolverase do 9 ao 12 de febreiro de 2015, en horario de 19,00 a 21,30 horas.

As clases teóricas terán lugar na sala de catas do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga. A fase prática, desenvolverase nesta ocasión nas instalacións da adega Alan de Val, na rúa de Valdeorras.

O prezo é de 45 euros, e inclúe as fases teórica e prática, visita á adega Alan de Val, manual técnico e diploma acreditativo. As inscricións formalizaranse na Casa de Cultura, no teléfono 982 435 125 ou no e-mail culturaquiroga1@gmail.com.

O curso conta coa colaboración do Concello de Quiroga e a Deputación Provincial de Lugo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Antonio García volverá a encabezar a candidatura do Partido Popular ás municipais en Sarria

Seguinte Nova

AS “MERENDAS CON CONTOS” DE SOBER HOMENAXEARON AO CASTELAO ILUSTRADOR

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: