A Praza de San Marcos en Lugo acolle a exposición fotográfica «Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade»

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a vicepresidenta segunda, Lara Méndez; o director de El Progreso, Luís Caeir; e o director de La Región, Xosé Pastoriza, durante a presentación da mostra en Lugo, o 27 de xaneiro. GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a vicepresidenta segunda, Lara Méndez; o director de El Progreso, Luís Caeir; e o director de La Región, Xosé Pastoriza, durante a presentación da mostra en Lugo, o 27 de xaneiro. GPDL.

• O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da vicepresidenta segunda, Lara Méndez, o director de El Progreso, Luís Caeiro e o director de La Región, Xosé Pastoriza, inaugurou o día 27 deste mes a exposición fotográfica «Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade», que organiza o organismo provincial en colaboración con estes dous diarios.

Esta mostra ten como obxectivo promocionar e dar a coñecer entre as veciñas e veciños da provincia a riqueza medioambiental e patrimonial deste espazo natural.

Gómez Besteiro valorou que «dende a Deputación estamos impulsando á Ribeira Sacra para conseguir o título de Patrimonio da Humanidade, que proxectará a imaxe non só de Lugo, senón tamén de Ourense e Galicia». O presidente informou tamén que durante este días, atoparase na praza o Autobús da Ribeira Sacra, onde están os libros oficias da UNESCO para recadar sinaturas co fin de conseguir este distintivo internacional, «que marcará un antes e un despois na nosa provincia».

A mostra itinerante, que estivo na cidade de Ourense, está composta por máis de 400 fotografías que amosan a visión que teñen os cidadáns deste espazo natural. A exposición permanecerá na Praza de San Marcos ata o vindeiro 8 de febreiro.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezan os preparativos para o Entroido

Seguinte Nova

PERRUQUERÍAS DE TODA A PROVINCIA FOMENTARÁN O USO DO IDIOMA GALEGO ENTRE A POBOACIÓN

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss