A TRADICIÓN DOS FERREIROS LUCENSES, NUNHA EXPOSICIÓN ABERTA EN LUGO ATA O 1 DE MARZO

mans de ferro expo inauguracion lugo

O 16 de xaneiro foi inaugurada no espazo expositivo da Capela de Santa María, en Lugo, a mostra titulada «Mans de ferro», centrada na figura dos ferreiros e nas súas xeracións. A exposición reúne 150 pezas elaboradas por 31 artesáns, o maior de 93 anos e o máis mozo de 32, así como de dous afiadores. Coa mostra «Mans de ferro», a Deputación rende homenaxe a un «oficio en certo declive, pero que aínda segue vivo». Entre as pezas atópanse fouciños de hai preto de 60 anos, un dos instrumentos de labranza que os ferreiros lugueses vendían aos agricultores de Castela para segar o trigo, así como coitelos ou navallas. Ás pezas expostas acompáñaas unha fotografía do ferreiro creador, todas elas realizadas por José Salgado. (Foto cedida).

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Literatura monfortina no IES Daviña Rei

Seguinte Nova

AS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR CONTRIBUIRÁN Á PROMOCIÓN NACIONAL E INTERNACIONAL DO FILME «A ESMORGA», RODADO EN ESCENARIO DO SUR DE LUGO

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: