Divulgación científica na escola
•A mediados de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Ciencias-Bioloxía do IES A Pinguela visitou en Santiago o Instituto de Medicina Legal da Facultade de Medicina da Universidade e a Fundación Galega de Medicina Xenómica do SERGAS. Durante a xornada, tiveron como guía ao prestixioso científico e catedrático Ángel Carracedo, quen realizou unha autopsia simulada, e explicou o funcionamento dun dos laboratorios máis avanzados na investigación sobre o xenoma.•