Colaboración entre Concello e Xunta en Sober para mellorar os espazos de acceso á Casa Consistorial

•O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as obras dos accesos ao Concello, Centro Sociocultural, Biblioteca e Rexistro •Estas obras de reurbanización supuxeron un investimento conxunto de preto de 50.000 euros

Rueda, Guitián e Arias supervisaron o resultado dos traballos na capitalidade de Sober.  (Foto cedida).
Rueda, Guitián e Arias supervisaron o resultado dos traballos na capitalidade de Sober. (Foto cedida).

• O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou Sober o pasado día 17, para supervisar o resultado das melloras realizadas na contorna da Casa Consistorial. Acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destacou a colaboración entre a Xunta e o Concello para facer fronte ao investimento de preto de 50.000 euros, que fixo posible a reurbanización deste espazo. As obras consistiron na reforma dos pavimentos existentes e a mellora da distribución da rede de servizos municipais, co que se facilita o acceso da veciñanza aos servizos da Casa do Concello, o Centro Sociocultural, a Biblioteca e o Rexistro.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezaron as obras do proxecto municipal de Mellora de Infraestruturas Viarias

Seguinte Nova

José Antonio García volverá a encabezar a candidatura do Partido Popular ás municipais en Sarria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: