Comezan os preparativos para o Entroido

• A delegación de Cultura do Concello de Monforte abriu o prazo de inscrición para as actividades de Entroido. A primeira cita co Entroido será o 5 de febreiro co Xoves de Compadres, o 12 de febreiro celebrarase o Xoves de Comadres, e o día 17 de febreiro terá lugar o Desfile de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido polas rúas da cidade.

Nos xoves de Compadres e Comadres establécense 2 premios especiais, un á etnografía e outro á crítica social. O Concello destinará un máximo de 2.400 euros para este concepto.

En canto ó Desfile de Comparsas do Martes de Entroido, a contía máxima para premios será de 9.500 euros. O Desfile comezará na praza da Estación ás 17 horas, rúas Calvo Sotelo e Roberto Baamonde ata a praza da Compañía. Poderán participar neste concurso tódalas comparsas e disfraces do concello de Monforte de Lemos. As comparsas doutros concellos poderán optar a outra categoría de premios ata un máximo de 1.200 euros. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Continúan con éxito de participación os Faladoiros dos Luns en Sober

Seguinte Nova

A Praza de San Marcos en Lugo acolle a exposición fotográfica «Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: