Comezaron as obras do proxecto municipal de Mellora de Infraestruturas Viarias

O Concello de Monforte inviste máis de 45.000 euros

O arranxo do camiño do cemiterio ata a LU-P-3204 está incluído dentro do plan de Mellora de Infraestruturas Viarias do Concello de Monforte. EC.
O arranxo do camiño do cemiterio ata a LU-P-3204 está incluído dentro do plan de Mellora de Infraestruturas Viarias do Concello de Monforte. EC.

• A comezos da segunda quincena de xaneiro, o Concello de Monforte puxo en marcha as obras correspondentes á Mellora de Infraestruturas Viarias, que afectan a diversos barrios da cidade do Cabe.

Según explicou o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, o Goberno local está a investir nestas actuacións un total de 45.388 euros, que se financian con cargo aos remanentes de tesourería do ano 2013.

NOVE INTERVENCIÓNS EN CAMIÑOS, RÚAS E ESTRADAS

Severino Rodríguez detallou que estas melloras estanse a realizar en camiños, rúas e estradas do término municipal. En concreto, no Campo da Virxe, e nas rúas Ramón Piñeiro, Rioseco e Poetisa María Mariño, ademais do camiño de acceso á fonte de Rioseco, o camiño do cemiterio á estrada LU-P-3204, outro camiño na Agra do Fabeiro, e nas estrada de A Portela a San Fiz en Marcelle, e na de Sindrán a Bascós.

AFORRO NOS GASTOS DE MANTEMENTO

O rexedor local suliñou que as obras de mellora veñen resolver a situación de deterioro na que se atopan estes puntos de tránsito. Según explicou Severino Rodríguez, os traballos que se están a realizar garantirán unha vida útil superior a cinco anos en cada caso. Estas melloras suporán, según o alcalde, un aforro nos gastos de mantemento que habitualmente ten que acometer o Concello de Monforte como entidade titular destes viais.

As intervencións que está a poñer en marcha o equipo municipal consisten basicamente na rexeneración dos diversos viais ou camiños mediante reforzo do firme existente, con aplicación de dobre ou triple rega asfáltica ou con zahorra compactada, segundo os casos, ademais de levar a cabo a reapertura de cunetas.

O plan de Mellora de Infraestruturas Viarias forma parte do conxunto de obras que o Concello de Monforte vén desenvolvendo dende hai uns meses en diversos puntos do municipio, financiadas integramente cos 308.000 euros dos remanentes de tesourería do ano 2013. As actuacións corresponden á instalación de pasos de peóns elevados, reparacións no teito da gardería municipal, melloras no pavillón do colexio Torre de Lemos, reparación abastecemento de auga no Eivedo en Tor, intervención no trust do escenario do Edificio Multisos, mellora da iluminación do Parque dos Condes e do paseo ata a ponte nova, a reforma campo da feira, e diversas reparacións no teito da piscina e do pavillón municipal.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os produtos do mar protagonizaron a segunda xornada do Showcooking Cocina Autóctona

Seguinte Nova

Colaboración entre Concello e Xunta en Sober para mellorar os espazos de acceso á Casa Consistorial

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: