• A actividade dos Faladoiros dos Luns, que comezou recentemente no Centro Sociocultural de Sober, está a ter unha gran acollida pola veciñanza. En novembro pasado arrincou esta iniciativa, promovida por un grupo de persoas adultas dispostas a contar e compartir experiencias propias e sabedoría como un modo de preservar as tradicións.
A cita desenvólvese os luns a partir das catro e media da tarde, e dende o seu inicio contou con actividades diversas. En decembro, por exemplo, os Faladoiros dos Luns estiveron adicados á decoración da mesa de Nadal, con propostas moi interesantes para celebrar tan singulares datas cun protocolo de altura. Asimesmo, tamén tivo lugar unha sesión de peiteados para festa.
No Faladoiro dos Luns tamén teñen cabida os temas de carácter divulgativo, que poden axudar a resolver de xeito exitoso diversas situacións cotiás. Así, en xaneiro adicouse unha sesión a abordar qué se pode facer en caso de producirse accidentes domésticos.
A creatividade está presente no programa dos Faladoiros dos Luns. A última proposta de xaneiro estivo centrada na técnica de encaixe coñecida como «frivolité».•