Entregados os premios da campaña de ADEGA «Ponte no medio.Móvete polo territorio»

Presentadas máis de 220 obras de foto, relato e curtas

Foto de familia dos premiados e finalistas da campaña de ADEGA por unha ordenación sostible do terrirorio. GPVDL.
Foto de familia dos premiados e finalistas da campaña de ADEGA por unha ordenación sostible do terrirorio. GPVDL.

•O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu, o pasado 15 de xaneiro, a entrega de premios da IV Convocatoria dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxes polo Territorio.

APOIO DA ÁREA DE CULTURA PROVINCIAL

Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña de ADEGA por unha ordenación sostible do territorio, baixo o título «Ponte no medio. Móvete polo Territorio». O acto contou coa presenza dos distintos membros dos xurados, membros da organización ecoloxista ADEGA, e do delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, en representación deste departamento que apoiou este proxecto dende o seu inicio.

TRABALLOS PROCEDENTES DE TODA GALICIA

Esta convocatoria vense celebrando por cuarto ano consecutivo, co obxectivo de que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Nesta IV edición dos Concursos de fotografías e de relatos, e III Edición do Certame de curtametraxes, integrados na convocatoria de ADEGA, presentáronse un total de 83 fotografías realizadas por 32 participantes, 47 relatos de 45 persoas, e 12 curtametraxes elaborados por unha decena de creativos procedentes de toda a xeografía galega.

PREMIO DE FOTO PARA MONFORTE

O premio da categoría adulta do IV Concurso de Fotografía correspondeu ao traballo «Sobrevivir», do fotógrafo monfortino Iván Merayo, que recibiu 200 euros e un diploma. No total das cinco categorías, rexistráronse entre os finalistas media ducia de traballos procedentes da provincia de Lugo.•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

PERRUQUERÍAS DE TODA A PROVINCIA FOMENTARÁN O USO DO IDIOMA GALEGO ENTRE A POBOACIÓN

Seguinte Nova

Alumnado do IES A Pinguela achegouse á Medicina Legal da man do experto internacional Ángel Carracedo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: