O 15 de xaneiro, o alumnado de primeiro curso de Bacharelato do IES Daviña Rei recibiu na biblioteca do centro á escritora e investigadora monfortina Margarita Rodríguez Otero, que vén de publicar hai uns meses o seu último traballo de ficción, titulado «Confidencial: eliminar ó Rei». Rodríguez Otero ofreceu aos presentes as claves do contexto histórico e xeográfico no que discurre a acción desta novela, e os estudiantes preguntaron á escritora sobre diversos aspectos relacionados coas personaxes e o proceso creativo. (Foto cedida).•