O Concello de Sober convoca un concurso de debuxo infantil para escolares da comarca de Lemos

O Concello de Sober vén de pór en marcha o I Certame de debuxo infantil Feira do Viño de Amandi 2015, coa finalidade de elaborar un adhesivo co traballo gañador.

No concurso poden participar os nenos e nenas da Comarca de Lemos de 6 a 12 anos. Cada participante pode presentar un único traballo, que acompañará dun folio no que deben figurar os seus datos persoais. Os presentaranse sobre cartolina en tamaño aproximado DIN A4, e o tema debe ser «O cultivo da vida na Ribeira Sacra». Os traballos entregaranse ata o 27 de febreiro na Biblioteca Pública do Concello de Sober.

O xurado seleccionará ao gañador, quen recibirá un premio o 29 de marzo, tras a lectura do pregón da XXXV Feira do Viño de Amandi. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos e todas os escolares da Comarca a participar neste certame, «para que os seus debuxos poidan ter un eco internacional» a través do adhesivo que imprimirá o Concello, e que será entregado na Feira.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alcalde de A Pobra do Brollón denuncia que a Xunta “pratica unha política para cerrar o rural”

Seguinte Nova

Os interesados en participar no IV Concurso de Postres de Entroido en Bóveda deberán inscribirse antes do 13 de febreiro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss