Os interesados en participar no IV Concurso de Postres de Entroido en Bóveda deberán inscribirse antes do 13 de febreiro

Según establecen as bases do concurso, os postres deberán estar relacionados co Entroido (filloas, orellas, leite frita, rosquillas, torradas, vexigas, etc), e non se admitirán outras especialidades. A forma de presentación dos postres será libre.

As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 13 de febreiro no Concello de Bóveda, rexistrando os seus datos persoais e o nome do postre. Só se admitirá un postre por participante, en cantidade suficiente para 3 racións (suficiente para a cata do xurado). Haberá tres premios (primeiro, segundo e terceiro postre clasificado), que consistirán en programas de relax e tratamentos termais valorados en 90 euros, e que caducarán aos tres meses de ser concedidos. Os gañadores coñeceranse o domingo 15 de febreiro, día de celebración do IV Concurso de Postres de Entroido, e os premios entregaranse ao remate das actividades desta xornada festiva.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Sober convoca un concurso de debuxo infantil para escolares da comarca de Lemos

Seguinte Nova

A Asociación Crearte de Sarria inicia en febreiro o 1º ciclo de Pintura Creativa

Últimas noticias sobre CULTURA

     
A %d blogueros les gusta esto: