•Según establecen as bases do concurso, os postres deberán estar relacionados co Entroido (filloas, orellas, leite frita, rosquillas, torradas, vexigas, etc), e non se admitirán outras especialidades. A forma de presentación dos postres será libre.
As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 13 de febreiro no Concello de Bóveda, rexistrando os seus datos persoais e o nome do postre. Só se admitirá un postre por participante, en cantidade suficiente para 3 racións (suficiente para a cata do xurado). Haberá tres premios (primeiro, segundo e terceiro postre clasificado), que consistirán en programas de relax e tratamentos termais valorados en 90 euros, e que caducarán aos tres meses de ser concedidos. Os gañadores coñeceranse o domingo 15 de febreiro, día de celebración do IV Concurso de Postres de Entroido, e os premios entregaranse ao remate das actividades desta xornada festiva.