Pedirán á Xunta «medidas urxentes» para evitar o «derrubamento definitivo» do Pazo de Diomondi

Os socialistas critican a «desidia visible e notoria» do Goberno galego dende 2010, cando se derrubou a cuberta, «e dende entón nada se ten feito para reconstruíla»

Os deputados  socialistas Vicente Docasar e Juan Carlos González Santín, xunto a José Antonio Quiroga, entre outros socialistas de O Saviñao, achegáronse a este municipio para chamar a atención sobre o estado de abandono do Pazo de Diomondi. (Foto cedida).
Os deputados socialistas Vicente Docasar e Juan Carlos González Santín, xunto a José Antonio Quiroga, entre outros socialistas de O Saviñao, achegáronse a este municipio para chamar a atención sobre o estado de abandono do Pazo de Diomondi.
(Foto cedida).

• Os socialistas lucenses anunciaron que levarán ao vindeiro pleno do Parlamento galego as queixas veciñais polo estado no que se atopa o Pazo de Diomondi, no municipio de O Saviñao. O 20 de xaneiro, os deputados Vicente Docasar e Juan Carlos González Santín, acompañados por José Antonio Quiroga e membros da agrupación local do PSdeG-PSOE neste concello, achegáronse ata Diomondi para comprobar o «deficitario» estado no que se atopa este ben cultural. Os socialistas criticaron que, dende que en 2010 se derrubou a cuberta do edificio, «nada se ten feito para reconstruíla».

PIDEN Á CONSELLERÍA DE CULTURA QUE ORDENE AO BISPADO QUE CUMPRA A LEI DO PATRIMONIO CULTURAL

Vicente Docasar cualificou de «visible e notoria a desidia do Goberno galego» diante desta situación, sobre a que están a recibir na agrupación local socialista numerosas queixas por parte dos veciños. O deputado socialista anunciou que o seu grupo parlamentario vai levar este tema ao vindeiro pleno da Cámara galega. «Pedirémoslle a Cultura que ordene ao propietario que cumpra axiña cos deberes legalmente establecidos, impulsando sen demora o proxecto de rehabilitación de tan significativo monumento do patrimonio cultural galego», precisou o deputado. Docasar lembrou o texto no que a vixente Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo 25 establece que «os propietarios, posuidores e demais titulares de dereito reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigados a conservalos, coidalos e protexelos debidamente para asegurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrución ou deterioro».

Os deputados socialistas suliñaron que «a pesar de todas as iniciativas, nada se ten feito». Docasar e González Santín criticaron o estado da cuestión, na que «a diócese di non ter cartos para acometer a rehabilitación, e descoñécese se a Xunta fixo algunha xestión para colaborar con fondos propios ou con fondo estatais ou mesmo privados para levar a cabo unha das obras de conservación que son imprescindibles para que ese monumento non desapareza por desleixo do noso patrimonio cultural». Docasar insistiu en que «a Xunta debe cumprir o compromiso asumido recentemente nunha visita a este mesmo lugar».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pilar López Martínez, candidata do BNG á Alcaldía de Monforte

Seguinte Nova

Comezaron os traballos de mellora na da travesía de A Pobra de San Xiao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss