A Área de Cultura da Deputación e a asociación Pelirroja poñen en mancha unha iniciativa que pretende sensibilizar sobre a perda de falantes da nosa lingua, e que ten por lema «O galego é a túa imaxe». O responsable de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, afirma que «usar as perruquerías como medio de chegar á xente é unha iniciativa novedosa e diferente, xa que todos somos, con maior ou menor periodicidade, usuarios destes espazos». A campaña inclúe, entre outras medidas, unha serie de trípticos para as perruquerías e centros de estética con vocabulario específico da profesión e a súa forma correcta en galego.