Anuncian unha segunda edición do programa Ben Empregado! para febreiro

Subvenciona a contratación de desempregados en empresas

A Deputación de Lugo decidiu convocar o Ben Empregado!2 polo alto número de peticións recibidas, que duplicaron a oferta do programa Esta iniciativa responde ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda, Lara Méndez, na presentación da 2ª edición do programa Ben Empregado!. GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda, Lara Méndez, na presentación da 2ª edición do programa Ben Empregado!. GPDL.

• A Deputación de Lugo porá en marcha no mes de febreiro a segunda edición do programa Ben Empregado!, un proxecto da institución provincial co que se subvenciona a contratación de desempregados dos 67 concellos nas empresas da nosa provincia.

RECIBIDAS SOLICITUDES DE 343 EMPRESAS E DE 81 ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Según explicou o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na primeira fase do programa recibíronse solicitudes de 424 entidades, das que 343 empresas foron empresas, e as 81 restantes corresponderon a asociacións e organizacións sen ánimo de lucro. Estas cifras demostran, según o mandatario provincial, «o éxito de convocatoria deste proxecto, que beneficia ás empresas, ás asociacións e ás persoas desempregadas». O titular provincial precisou que as entidades solicitaron máis de 400 perfís de contratación por valor de 8.862.801,33 euros, que aumentará logo de que se presenten todos os requirimentos, ata chegar a preto de 9 millóns. Esta situación indica que as peticións duplicaron a oferta do Ben Empregado!, financiado con 4.400.000 euros. Gómez Besteiro adiantou que, a mediados de febreiro, «aprobaremos o listado definitivo de empresas seleccionadas e iniciaremos a contratación das persoas en paro». Ademais, o Presidente lembrou que «estes contratos rexeranse polas cláusulas sociais, medidas coas que blindamos os dereitos dos traballadores».

PROXECTOS QUE «OBEDECEN Á SITUACIÓN REAL DA PROVINCIA, NA QUE HAI 24.500 PARADOS»

Gómez Besteiro anunciou que en febreiro, a Deputación vai ofrecer o Ben Empregado!2, que contará cun orzamento incrementado ata os 6 millóns de euros, «o que nos permitirá chegar a máis entidades e desempregados». O titular provincial destacou que estes proxectos «obedecen á situación real da provincia, na que hai 24.500 parados».

Pola súa banda, a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, salientou que «con este proxecto fomentamos a contratación dunhas 300 persoas en paro, que poderá variar en función dos perfís dos contratados». A vicepresidenta explicou que actualmente estase a finalizar o proceso de presentación da documentación para, posteriormente, analizar as peticións das empresas e asociacións para seleccionar as beneficiarias.

As empresas poderán contratar ata cinco perfís, aínda que «irá en función das solicitudes do conxunto das empresas e asociacións», precisou Méndez. A Deputación actúa como mera intermediaria nos procesos previos, e son as empresas e organizacións as que farán a selección e a contratación. Méndez precisou que o programa favorece a continuidade destes contratos, xa que, na selección final das entidades beneficiarias puntúase máis alto canto máis grande sexa o compromiso das empresas por manter os contratos. A Deputación concede ata un máximo de 22.000 euros por traballador, «a maior axuda que concede unha administración en Galicia para fomentar a contratación», destacou Méndez.•

Arrincaron os primeiros obradoiros TIC no centro de asesoramento tecnolóxico de Monforte

Os cursos no centro TIC de Monforte comezaron o luns 26 de xaneiro. EC
Os cursos no centro TIC de Monforte comezaron o luns 26 de xaneiro. EC

• O centro de asesoramento tecnolóxico de Monforte, situado na rúa Escultor Francisco Moure 17, iniciou a súa programación formativa, a través de talleres gratuítos sobre as aplicacións TIC. Estes obradoiros son gratuítos, e están dirixidos tanto a cidadáns como a colectivos interesados nas novas tecnoloxías, como empresarios e autónomos. Ademais destas sesións formativas, o centro de Monforte ofrece a todas as pemes e autónomos asesoramento individualizado e gratuíto para mellorar os seus negocios a través das novas tecnoloxías.

Según explicou o presidente da Deputación na inauguración do centro de Monforte, esta iniciativa busca cumplir cunha das grandes demandas que transmitiron as máis de 500 empresas que levan participado en accións formativas provinciais. As empresas demandaban poder contar cun espazo físico para recibir apoio continuo no eido das novas tecnoloxías foi a suxerencia do empresariado. Besteiro lembrou a importancia da aplicación das novas tecnoloxías para mellorar a competitividade das empresas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Brollón anuncia que o Sergas incrementará dende febreiro a atención médica no Centro de Saúde

Seguinte Nova

Todo listo para festexar o Entroido no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: