Chantada promove a prática do xadrez entre os máis novos do sur de Lugo

Taboada, O Saviñao, Monforte e Carballedo contan con esta actividade dirixida a escolares, e que desenvolven membros do Círculo Chantadino de Xadrez Preto de 80 rapaces e rapazas destes municipios están a iniciarse nesta modalidade deportiva

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O xadrez no sur de Lugo está a ser revitalizado a través do esforzo de clubes como o Círculo Chantadino de Xadrez. Dende este colectivo, desenvolven unha intensa actividade en competición, ademais de organizar actividades formativas en diversos concellos do sur lucense.

Según explica Enrique Rojo, responsable do Círculo Chantadino de Xadrez, esta disciplina pasa por un bo momento na vila do Asma. Este clube aglutina un total de 18 xogadores en competición, seis deles na División de Honra, a máxima categoría de Galicia. Por outra banda, os chantadinos compiten en segunda división cun equipo de catro xogadores, e tamén en terceira, con dous equipos de catro xadrecistas. Dende o local que ocupan na rúa das Chedas, o Círculo Chantadino de Xadrez desenvolve as sesións formativas os martes e xoves dende as 17,30 horas, impartidas polo Gran Mestre Alejandro Hoffman.

Os chantadinos están a realizar unha tarefa de fomento do xadrez nos centros de ensino do sur de Lugo, cunha boa acollida. Así, no colexio de A Barrela, en Carballedo, a actividade de xadrez conta coa participación de preto de 40 escolares. En Monforte, un grupo de 26 rapaces e rapazas asiste a esta disciplina no Colexio Novo, e son 10 os escolares que se anotaron en xadrez no colexio Escolapios, e no Ferroviario está a arrincar con 5 alumnos. Por outra banda, o Círculo Chantadino de Xadrez ten aberta a inscrición nas clases que imparten desta actividade nos colexios de Taboada e O Saviñao.

Por outra banda, dentro da oferta das Escolas Deportivas Municipais de Monforte está aberto o prazo de inscricion en Xadrez para todas as idades. A actividade impártese na Casa da Cultura os luns de 19 a 21 horas.

Según explica Enrique Rojo, dende o Círculo Chantadino de Xadrez buscan culminar este traballo de canteira coa organización dun campionato provincial. «Queremos poder contar con xadrecistas entrenados para competir», explica. Previsiblemente, o campionato celebraríase no sur de Lugo, en torno ao mes de maio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte recupera a zona do Malecón co novo Centro Cívico Social

Seguinte Nova

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera obriga legal da Xunta confinanciar os servizos sociais básicos en concellos de menos de 20.000 habitantes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: