Comezaron os traballos de mellora na da travesía de A Pobra de San Xiao

A Xunta inviste nestas obras preto de 400.000 euros Os traballos inclúen o acondicionamento da estrada LU-621 e tamén a renovación dos servizos básicos de abastecemento, saneamento e iluminación

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, estivo en A Pobra de San Xiao acompañada do alcalde de Láncara, Eladio Capón, para supervisar o comezo das obras de mellora da estrada LU-621, o pasado 19 de xaneiro.  GPDTL.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, estivo en A Pobra de San Xiao acompañada do alcalde de Láncara, Eladio Capón, para supervisar o comezo das obras de mellora da estrada LU-621, o pasado 19 de xaneiro. GPDTL.

• O 19 de xaneiro, comezaron en Láncara os traballos de mellora da estrada LU-621 ao seu paso polo núcleo de A Pobra de San Xiao, nun tramo de 600 metros. Para levar a cabo estas obras, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, inviste preto de 400.000 euros, nun proxecto que abrangue o acondicionamento do vial e tamén a renovación dos servizos básicos de abastecemento, saneamento e iluminación. A previsión é que os traballos estean completados en seis meses.

CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS DE MELLORA

Según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, na súa visita á Pobra de San Xiao, «esta obra mellorará visiblemente a imaxe da vila, xa que inclúe a renovación das beirarrúas e da calzada e a substitución das luminarias actuais, pero ademais introducirá melloras nos servizos básicos das que se beneficiarán todos os veciños e veciñas». Según precisou Arias, que estivo acompañada polo alcalde de Láncara, Eladio Capón, o proxecto da Consellería de Medio Ambiente implica a demolición das beirarrúas existentes e a reconstrución nas dúas marxes doutras que estarán rematadas con baldosa cadrada de cores branco e vermello, dispostas segundo modelo municipal, sobre capas de zahorra e formigón. As beirarrúas remataranse cun bordo de formigón macizo, montado sobre formigón e morteiro de asento e finalmente rexuntado. Entre beirarrúa e calzada executarase unha cuneta de formigón de 30 centímetros de ancho. Finalmente, aplicarase unha capa de aglomerado logo da extensión dun rego de adherencia.

No abastecemento, repoñerase na marxe esquerda da rúa unha canalización de tubaría, incluíndo as acometidas domiciliarias a vivendas e parcelas e chaves de paso, todas protexidas en arquetas de formigón. Complementarase a rede con dúas bocas de rego e de incendios.

Na rede de saneamento, renovarase o servizo existente cunha canalización de tubaría, completada con pozos de rexistro, acometidas a soares e vivendas. Na rede de augas pluviais, substituirase por tubo de 315 mm de diámetro, con pozos e sumidoiros de formigón, incluído cada un deles unha reixa.

No servizo de iluminación pública desmontarase a liña e retiraranse os postes existentes, ademais de colocar novos puntos de luz.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pedirán á Xunta «medidas urxentes» para evitar o «derrubamento definitivo» do Pazo de Diomondi

Seguinte Nova

O Concello de Sober renovou 15 marquesiñas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: