O Concello de Sober renovou 15 marquesiñas

Os traballos foron executados polo módulo de carpintería do obradoiro de emprego

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A mediados de xaneiro quedaron completados en Sober os traballos de renovación dun total de 15 marquesiñas distribuídas por todo o término municipal. Según explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, estes traballos están integrados dentro do proxecto de mellora e coidado da imaxe da contorna e dotación de servizos á cidadanía. As renovacións tiveron lugar nas marquesiñas de Matamá, Arxemil e O Toxedo, na parroquia de Anllo San Martiño, nas de A Pena e Vilanova en Gundivós, Doade e Vilachá, A Pena en Proendos, Vilamaior en Refoxo, A Casilla en Neiras, Soutonovo e Igrexa en Anllo Santo Estevo, Barreiros en Santiorxo, e O Pinar en Bolmente. A finais de mes estábase a completar a de Telleiros. A intención do Concello é seguir avanzando nestes traballos en diferentes lugares do municipio. As obras foron executadas polo módulo de carpintería do obradoiro de emprego que Sober comparte con Pantón e O Saviñao.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezaron os traballos de mellora na da travesía de A Pobra de San Xiao

Seguinte Nova

Monforte recupera a zona do Malecón co novo Centro Cívico Social

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss