O PP de Brollón anuncia que o Sergas incrementará dende febreiro a atención médica no Centro de Saúde

Dende o BNG afirmaron «non conformarse con esta esmola electoral», e seguirán «reclamando xunto á veciñanza dous médicos a tempo completo»

• O Servizo Galego de Saúde incrementará a partir de febreiro a atención médica no centro de saúde de Pobra do Brollón. Esta foi a resposta do xerente da Estructura Organizativa da Xestión integrada do Sergas na provincia de Lugo, Antonio García, ao voceiro do PP nunha xuntanza mantida a instancias do edil popular en Brollón, Fernando Parada. O xerente da Estructura Organizativa da Xestión Integrada confirmoulle a Parada que o Sergas xa realizou as xestións oportunas para, a partir de febreiro, incrementar o número de días semanais de asistencia dun segundo facultativo. Parada solicitara unha xuntanza co xerente para interesarse da supervisión, por parte do SERGAS, das necesidades asistenciais despois de xurdir a baixa dun médico do centro de saúde do municipio, que conlevou a reorganización das tarefas asistenciais.

MACEDA: «É UNHA BURLA CONTENTAR ASÍ AOS VECIÑOS»

Logo de coñecerse este anuncio, o alcalde da Pobra do Brollón, o nacionalista Xosé Lois Maceda, declarou que «non nos conformamos coa esmola electoral» anunciada polo portavoz do PP, e seguirá «reclamando, xunto aos veciños e veciñas do concello, que se restitúa a atención médica no Centro de Saúde con dous facultativos a tempo completo».

O alcalde di que «o que os veciños da Pobra levan meses reclamando son 2 médicos a tempo completo no Centro de Saúde, e non nos imos conformar con menos, porque coa saúde da xente non se xoga». «Parécenos unha burla que se queira contentar aos veciños con 7 horas máis de atención médica á semana», lamentou Maceda.

O nacionalista acusa ao portavoz do PP de «poñerse do lado do Sergas e da Xunta en vez do lado dos veciños da Pobra que esixen algo xusto». Ademais, considerou «chamativo» que sexa o portavoz local do PP e non o Sergas o que faga o anuncio. «Seguramente queira promocionarse deste xeito para as eleccións, pero poñéndose do lado do Sergas defendendo a supresión do médico penso que o que vai lograr é todo o contrario», afirmou Maceda.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera obriga legal da Xunta confinanciar os servizos sociais básicos en concellos de menos de 20.000 habitantes

Seguinte Nova

Anuncian unha segunda edición do programa Ben Empregado! para febreiro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss