O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera obriga legal da Xunta confinanciar os servizos sociais básicos en concellos de menos de 20.000 habitantes

A sentencia refírese á potestade legal da Xunta na aprobación do Decreto, pero non a aplicación do mesmo

• O pasado 23 de xaneiro, o vicepresidente da Deputación e responsable da Área de Benestar Social, Antonio Veiga, deu a coñecer en rolda de prensa o contido da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en relación ao decreto de Servicios Sociais aprobado pola Xunta en 2012. Según esta sentencia, que lle foi comunicada á Deputación lucense o día 22, o Tribunal considera unha obriga legal da Xunta o cofinanciamento dos servizos sociais básicos nos Concellos de menos de 20.000 habitantes.

VEIGA: «FEIJÓO DESENTENDEUSE DE APORTAR FONDOS DENDE 2012»

Antonio Veiga explicou que esta actitude «irresponsable» por parte do Goberno de Núñez Feijóo, «que se desentendeu de aportar fondos para servizos sociais na maioría de concellos da provincia de Lugo» obrigou á Área de Benestar da Deputación a suplir con fondos propios os cartos que antes poñía a Xunta «para non deixar tirados á meirande parte dos cidadáns da nosa provincia en materia de servizos sociais».

Según explicou o nacionalista, o TSXG afirma na sentencia que «existen serias dúbidas de dereito» en relación ao Decreto 99/2012 de Servizos Sociais aprobado pola Xunta de Galicia. Ademais, a sentencia engade que o decreto «adolece dunha imperfección técnica en canto a grado de precisión que impide a súa aplicación automática», polo que insta á Xunta a «modificalo para precisar o reparto de responsabilidades de cofinanciación». Mentras tanto, a sentenza do Alto Tribunal galego considera necesario que a Xunta asine convenios de colaboración coas Deputacións para cofinanciar entre ambas administracións os servizos sociais básicos nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Según Veiga, a sentencia afectaría á maioría dos 67 Concellos da provincia de Lugo. O mandatario nacionalista afirmou que «a sentencia vén a dicir que o decreto 99/2012 de Servizos Sociais aprobado pola Xunta é unha auténtica chapuza».

Con esta sentencia, o TSXG a dá a razón á Deputación de Lugo, posto que considera que a Xunta ten que cofinanciar os servizos sociais nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Por este motivo, a Deputación «está a estudar os posibles mecanismos legais para reclamar á Xunta os cartos que adebeda aos lucenses dende 2012», explicou o vicepresidente provincial. Veiga lembrou que a Deputación tivo que poñer este ano un 30% máis para Benestar Social nos seus Orzamentos «para suplir o que a Xunta tiña que poñer e non pon», e que no caso do servizo de axuda no fogar, a Deputación aporta en solitario 700.000 euros neste exercicio.

Pese a darlle a razón á Deputación nos seus argumentos, o TSXG desestima o recurso presentado por esta, ao entrar a xulgar unicamente a potestade legal da Xunta na aprobación deste Decreto e non «a actuación da Xunta de Galicia en relación coa aplicación do mesmo», polo que o organismo provincial está a estudar tamén a posibilidade de recorrer esta sentencia no Tribunal Supremo.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada promove a prática do xadrez entre os máis novos do sur de Lugo

Seguinte Nova

O PP de Brollón anuncia que o Sergas incrementará dende febreiro a atención médica no Centro de Saúde

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: